Catequese Tui-Vigo

Catequese Tui-Vigo Conta oficial da Delegación de Catequese da Diocese de Tui-Vigo

⚠️ IMPORTANTE: CAMBIO DE LOCALIZACIÓN ⚠️Debido ás previsións meteorolóxicas e a cuestións de disposición de espazos, o E...
07/05/2026

⚠️ IMPORTANTE: CAMBIO DE LOCALIZACIÓN ⚠️

Debido ás previsións meteorolóxicas e a cuestións de disposición de espazos, o Encontro Diocesano de Nenos e Familias deste sábado CAMBIA DE LUGAR.

📍 NOVA LOCALIZACIÓN:
Colexio Amor de Dios
Av. Europa, 21 – Vigo

Pregamos que teñades moi presente este cambio e que o compartades con todas as familias e grupos para evitar confusións.

Vémonos esta fin de semana!

✨ GRAZAS, GRAZAS e mil veces GRAZAS ✨Máis dun cento de catequistas enchestes Catequizart de alegría, talento e vida 💛 Un...
20/04/2026

✨ GRAZAS, GRAZAS e mil veces GRAZAS ✨
Máis dun cento de catequistas enchestes Catequizart de alegría, talento e vida 💛 Un encontro cheo de arte no que bailamos, cantamos, debuxamos, rimos… e mesmo descubrimos dons agochados que agora estamos chamados a poñer ao servizo da nosa misión.
Foi un auténtico regalo contar con Agustín De la Torre e Toño Casado, que compartiron con nós o seu talento e corazón nesta xornada tan especial.
Grazas tamén ao noso bispo, Don Antonio, pola súa cercanía durante todo o día e por lembrarnos que a alegría é clave para vivir e transmitir a nosa fe 🙌
A todos os que participastes: GRAZAS por estar e por estar con tanta ilusión 🔥
📸 Deixámosvos algunhas fotos da xornada. Se queredes o enlace completo, non dubidedes en escribirnos 📩

17/04/2026

O noso bispo Antonio fainos unha invitación moi especial! 🙌
Mañá quere atoparse con nós… xa estades preparados?

É o último día para apuntarse ⏳
A que estás esperando? Anímate, invita y ven! 💙

Xa temos o horario pechado do noso encontro! 🙌Vémonos este sábado no seminario de Vigo para compartir a xornada de Cateq...
15/04/2026

Xa temos o horario pechado do noso encontro! 🙌

Vémonos este sábado no seminario de Vigo para compartir a xornada de Catequizart.

🕥 De 10:30 a 17:30
🔁 Todas as persoas participarán nos dous talleres (son rotativos)

Se alguén só pode asistir pola mañá ou pola tarde, que o indique no formulario en observacións.

⏳ Queda moi pouco para apuntarse… apúntate xa e non o deixes para mañá! Contamos contigo!

https://forms.gle/zo2QVcEBDhCPVj9T7

⚠️‼️ Atención, catequistas… seguimos desvelando sorpresas!No noso encontro diocesano de catequese Catequizart, o vindeir...
11/04/2026

⚠️‼️ Atención, catequistas… seguimos desvelando sorpresas!

No noso encontro diocesano de catequese Catequizart, o vindeiro 18 de abril, teremos tamén a alegría de contar cun segundo artista invitado que chega para facernos vibrar a través da música e o teatro: Toño Casado 🎶🎭

Músico, poeta, escritor e sacerdote, Toño é un creador incansable que une arte e fe dun xeito único. Autor, director e compositor de 33 El Musical, unha obra que emocionou a miles de persoas, leva anos anunciando o Evanxeo a través da música, a escena e a beleza. As súas cancións, os seus espectáculos e as súas celebracións cheas de vida chegan a públicos de todas as idades, especialmente aos mozos, aos que acompaña con paixón e creatividade.

No seu encontro convidaranos a descubrir como a música e o teatro poden ser camiños privilexiados para transmitir a fe hoxe, tocando o corazón das persoas e facendo presente a mensaxe de Xesús con linguaxe actual, cercana e chea de vida.

✨ Un artista que non vos deixará indiferentes.

📍 Vémonos en Vigo… non faltedes!

⚠️‼️Atención, catequistas… xa está aquí a primeira sorpresa!O vindeiro 18 de abril, no noso encontro diocesano de catequ...
09/04/2026

⚠️‼️Atención, catequistas… xa está aquí a primeira sorpresa!

O vindeiro 18 de abril, no noso encontro diocesano de catequistas CatequizArt, volverá acompañarnos Agustín de la Torre 🎨
Ilustrador e profesor, Agustín leva anos poñendo o seu talento ao servizo da evanxelización, axudándonos a descubrir como a arte pode achegar o Evanxeo ao mundo de hoxe, con creatividade, humor e profundidade.
No seu obradoiro convidaranos a reflexionar sobre os nosos talentos como catequistas e como poñelos ao servizo dos demais.
📖 Ademais, teremos a oportunidade de descubrir o seu novo traballo.
🙌 Non esquezas apuntarte!
https://forms.gle/i7L57YUMSia4Mxa26

Comezamos este tempo de Pascua, compartindo unha invitación moi especial… ‼️O vindeiro 🗓️ 18 de abril, no 📍 Seminario Ma...
07/04/2026

Comezamos este tempo de Pascua, compartindo unha invitación moi especial… ‼️

O vindeiro 🗓️ 18 de abril, no 📍 Seminario Maior de Vigo, 📢estamos chamados a atoparnos como catequistas: a compartir e a seguir camiñando xuntos con ilusión renovada.

Será unha xornada pensada para disfrutar, celebrar a fe e deixar que os nosos talentos saian á luz 💡: música, teatro, debuxo… porque a catequese de hoxe necesita creatividade, e ti tes moito que aportar. 🎶🎭🎨

Comezaremos ás ⏰ 10:30 coa acollida e viviremos o día ata as 17:00, nun ambiente cercano, alegre e cheo de vida. Ademais, contaremos con dous artistas convidados 🤭 que desvelaremos moi pronto… seguro que nos sorprenderán!

⚠️ A comida tráea cada un, pero a sobremesa e o café póñemolos nós ☕

Despois desta Semana Santa, queremos vivir a Pascua a tope, en comunidade, compartindo e medrando xuntos.

👉 Anímate, apúntate estes días e axúdanos a difundilo.

https://forms.gle/g6syizEr1erZY3RZA
É moi importante apuntarse para que poidamos ter todo preparado.

Vémonos o 18! 🥳

📢 Encuentro de Catequistas de Galicia📍 Santiago de Compostela – Hospedería de San Martín Pinario📅 24 de enero | 🕥 Inicio...
07/01/2026

📢 Encuentro de Catequistas de Galicia
📍 Santiago de Compostela – Hospedería de San Martín Pinario
📅 24 de enero | 🕥 Inicio a las 10:30 h

Invitamos a todos los catequistas de Galicia a participar en este Encuentro de Catequistas, una jornada pensada para el encuentro, la reflexión y la convivencia fraterna. Será una ocasión para compartir la fe, dialogar y conocer distintas experiencias de catequesis que se están llevando a cabo en nuestra diócesis, enriqueciendo así la misión catequética de nuestras comunidades.

A lo largo del día contaremos también con una comida de confraternidad para quienes deseen participar, como momento de encuentro y convivencia.

La jornada concluirá a las 17:00 h con la celebración de la Eucaristía, centro de nuestra fe y culmen de este día compartido.

✍️ Inscripciones ya abiertas.

Os animamos a participar y a reservar esta fecha para encontrarnos y seguir caminando juntos como catequistas.

+ Info:

Ya están abiertas las inscripciones para el Encuentro de Catequistas de Galicia, que se celebrará el

📣 Atención, equipo! Lembranza importante 📣Despois das Escolas de Catequistas de novembro e da primeira sesión sobre misi...
13/12/2025

📣 Atención, equipo! Lembranza importante 📣

Despois das Escolas de Catequistas de novembro e da primeira sesión sobre misión, que xa nos puxo en camiño 🚶‍♀️🚶‍♂️, a vindeira semana volvemos coa segunda sesión, dedicada á creatividade 🎨✨

📢 Animade tamén a outras persoas a participar e a compartir este encontro.

🗓️ Gardade as datas e os lugares:

📍 Luns 15 – San José de Borreiros (Val Miñor) | ⏰ 20:00
📍 Martes 16 – Parroquia de Reboreda (Redondela) | ⏰ 20:00
📍 Venres 19 – Torneiros (O Porriño) | ⏰ 20:00
📍 Sábado 20 – Seminario Maior (Vigo) | ⏰ 11:00

💡 Misión + Creatividade = camiñar con ilusión

Agardámosvos con moitas ganas! 🙌😊

VOLVEN AS ESCOLAS DE CATEQUISTAS NA NOSA DIOCESE‼️ Un espazo para medrar e compartir xuntos.Chegan as Escolas de Catequi...
11/11/2025

VOLVEN AS ESCOLAS DE CATEQUISTAS NA NOSA DIOCESE‼️

Un espazo para medrar e compartir xuntos.
Chegan as Escolas de Catequistas deste mes de novembro, unha oportunidade para formarse, convivir e fortalecer a nosa misión como anunciadores da fe.

Nesta primeira sesión convidámoste a participar no encontro máis próximo á túa zona:

📅 Datas e lugares:
Luns 17 – San José de Borreiros (Val Miñor) → 🕗 20h
Martes 18 – Parroquia Santa María de Reboreda (Redondela) → 🕗 20h
Venres 21 – Parroquia San Rosendo de Torneiros (O Porriño) → 🕗 20h
Sábado 22 – Seminario Maior (Vigo) → 🕚 11h

💬 1ª sesión: MISIÓN
Un tempo para reflexionar, aprender e compartir experiencias entre catequistas.

👉 Estade atentos ás próximas sesións das Escolas de Catequistas nos vindeiros meses. Seguiremos anunciando nas redes sociais!

Dirección

Calle Doctor Corbal, 90
Vigo
36207

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
Miércoles 09:30 - 13:30
Jueves 09:30 - 13:30

Teléfono

+34662168785

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Catequese Tui-Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Lugar De Culto

Enviar un mensaje a Catequese Tui-Vigo:

Compartir