01/08/2026
SÁBADO 1.AGO.26 >< SAMUEL DIZ, PATRICIA GONZÁLEZ, JONATAN ALVARADO, BEGOÑA RIOBÓ E ANXO PINTOS
>< APERTURA
🗓️ Sábado 1 de agosto
📍 Claustro da Catedral de Tui
🕘 21.00 h
🎟️ Entrada libre ata completar capacidade
https://www.musicanoclaustro.com/2026/07/apertura-samuel-diz.html
A XX edición de Música no Claustro inaugúrase cun concerto que mira ás orixes do festival e celebra vinte anos de música, patrimonio e creación na Catedral de Tui.
A frautista Patricia González e o guitarrista Samuel Diz, protagonistas dos primeiros concertos de Música no Claustro en 2005, volven compartir escenario dúas décadas despois recuperando Le chant du vent, de Johannes Donjon, unha das obras que soou naquela primeira edición.
Ao seu carón estará o tenor arxentino Jonatan Alvarado, compañeiro habitual de Samuel Diz. e unha das voces máis recoñecidas da música antiga. O programa inclúe unha selección de El mal de l'amor. The Songbook of Gustavo Durán (Poliédrica, 2026) e a estrea en concerto dunha nova recuperación do patrimonio musical da Catedral de Tui: o Graduale in Festo Dedicationis Ecclesiae Locus iste, realizada con motivo do VIII centenario da consagración da sede tudense.
O concerto complétase co violín fiddle de Begoña Riobó e a zanfona de Anxo Pintos, nun diálogo entre o canto gregoriano, as músicas populares da Península Ibérica e América Latina e a creación contemporánea. Como peche, soará a Bailada de Gustavo Durán, inspirada nunha cantiga de Martin Códax, símbolo da unión entre a tradición medieval galega e a música do século XX.
Un concerto ecléctico que reúne artistas vencellados á historia do festival para celebrar vinte anos de encontros arredor da música e do patrimonio.
Concello de Tui
Catedral de Tui
800 aniversario de la consagración de la catedral de Tui
Deputación Pontevedra
Xunta de Galicia
Cultura de Galicia
Gadis Cabreiroá