Cultura A Pobra do Caramiñal

Cultura A Pobra do Caramiñal Páxina da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal para divulgar todas aquelas accións cultu

12/06/2026
10/06/2026

📚 Presentación de Os fabuladores na Pobra do Caramiñal

O Auditorio da Biblioteca da Pobra acollerá o vindeiro 13 de xuño, ás 20.00 horas, a presentación de Os fabuladores, a nova novela de José Ignacio Carnero, publicada en galego por Aira Editorial e dispoñible nas librarías desde finais de maio.

A obra recupera un sorprendente episodio da historia contemporánea: o secuestro do transatlántico Santa María por un grupo de opositores ás ditaduras de Franco e Salazar. Entre a novela, a crónica e a biografía, Carnero constrúe un relato sobre a memoria, a aventura e o poder das historias.

No acto participarán o propio autor, xunto con Pilar Cascón, Xesús Laíño, Antón Mascato e o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal.

A presentación forma parte da xira galega da obra, que chega á Pobra apenas unhas semanas despois da súa publicación, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer de primeira man esta edición en galego.

04/06/2026

🎨 “As conversas…” chega á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

Ana Teira presenta a súa primeira mostra individual, unha proposta que convida a achegarse ás emocións, ás vivencias e aos pequenos detalles que forman parte da vida cotiá.

Estudante de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia, a autora dá un paso máis na súa traxectoria tras participar en diversas exposicións colectivas. Nesta ocasión comparte unha selección de creacións nas que a expresividade, a intensidade e a cor adquiren un papel protagonista.

A súa linguaxe plástica caracterízase por unha pincelada enérxica e unha ampla riqueza cromática, elementos cos que constrúe composicións cargadas de forza e sensibilidade. No seu percorrido creativo tamén está presente a influencia de Paco Casal, referente fundamental na súa evolución artística.

📅 5 de xuño
🕣 20:30 h
📍 Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

🎶 Actuación musical de Mariló

03/06/2026

Rianxo, A Pobra y Ribeira albergarán este mes tres conciertos dentro de la 'Festa da Música' impulsada por la Diputación de A Coruña

02/06/2026

🎶 A música segue soando na Pobra do Caramiñal.

O programa Festas da Música 2026 trae ao Teatro-Cine Elma a Su Garrido Pombo, que presentará o seu espectáculo Traspielas o vindeiro venres 19 de xuño, ás 21.00 horas.

Un encontro coa música galega contemporánea da man dunha das voces máis persoais do panorama actual.

📍 Teatro-Cine Elma
🗓 Venres, 19 de xuño
🕘 21.00 h

26/05/2026

✨ Nenapingüín, a obra gañadora do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, protagonizará este mércores 27 de maio unha nova cita coa literatura infantil na Pobra do Caramiñal.

A presentación terá lugar ás 12.00 horas no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí e contará coa participación do autor, Daniel Landesa; da concelleira de Cultura, Patricia Lojo; de Encarna Pego, vicepresidenta da Asociación Barbantia e integrante do xurado; e de Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia.

A publicación, ilustrada por Miki Momochi e premiada con 3.000 euros ademais da súa edición, será distribuída entre o alumnado de primaria dos centros educativos do municipio.

25/05/2026

O Auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal vai acoller este mércores 27 de maio ás 12.00 horas a presentación do libro Nenapingüín, obra gañadora do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, escrita por Daniel Landesa e ilustrada por Mom...

Dirección

Rúa Gasset, 55
Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 15:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura A Pobra do Caramiñal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Lugar De Culto

Enviar un mensaje a Cultura A Pobra do Caramiñal:

Compartir