Santuario de Nuestra Señora de Aguasantas

Santuario de Nuestra Señora de Aguasantas Bienvenid@s al Santuario de Nuestra Señora de Aguasantas, patrona del Concello de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra

Bienvenid@s al Santuario de Nuestra Señora de Aguasantas, patrona del Concello de Cerdedo-Cotobade. En esta página, encontrarás información sobre nuestros horarios de misas y servicios religiosos, eventos especiales, así como reflexiones y novedades relacionadas con nuestra comunidad.

08/09/2026

🙏 8 de setembro · O día grande de Nosa Señora de Aguasantas.

Hoxe, a música da Banda de Musica Unión Musical De Tenorio tamén acompañou a Nosa Señora no altar maior. ❤️

Grazas por formar parte deste día tan especial.

🌸 Todo preparado para o día grande.Grazas a Floristería Carmen por este precioso arranxo floral para o Santuario. 🙏
08/09/2026

🌸 Todo preparado para o día grande.
Grazas a Floristería Carmen por este precioso arranxo floral para o Santuario. 🙏

07/09/2026

7 de setembro · Último día da Novena e primeiro día de festa en Aguasantas.

Hoxe, ás 19:00 h, vémonos no Rosario en Penelas.

E mañá, 8 de setembro, celebramos o día grande de Nosa Señora de Aguasantas. 🤍

Banda de Música de Cerdedo
Concello de Cerdedo-Cotobade

En 1872, Andrés María Solla García (o Padre Solla) escribía sobre a devoción a Nosa Señora de Aguasantas:«No hay casa en...
07/09/2026

En 1872, Andrés María Solla García (o Padre Solla) escribía sobre a devoción a Nosa Señora de Aguasantas:

«No hay casa en la parroquia donde no se encuentre un libro de su novena, ni hay joven o viejo que no lleve en su cartera o tenga a la cabecera de su casa una estampa con su venerada imagen, a la que se encomiendan, lo mismo cuando se encuentran cerca que lejos, que cuando están en España que en Europa o en las Américas, pues en todos estos lugares se encuentran hijos de Aguasantas.»

Máis de 150 anos despois, a Novena segue reunindo cada ano a familias e devotos arredor de Nosa Señora.

Último día de novena. Mañá é o día.

06/09/2026

Oitavo día da Novena de Nosa Señora de Aguasantas.

Hoxe, acompañada polo Sagrado Corazón de Xesús, Nosa Señora dos Anxos do Peso (A Lama) e Santa Teresa.

Mañá, o último día da Novena.

𝗔 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗡𝗼𝘃𝗲𝗻𝗮𝘀Sabías que antigamente as persoas que viñan de lonxe para participar na Novena podían quedar en Aguasa...
05/09/2026

𝗔 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗡𝗼𝘃𝗲𝗻𝗮𝘀

Sabías que antigamente as persoas que viñan de lonxe para participar na Novena podían quedar en Aguasantas durante os nove días de celebración?

Xunto ao adro do Santuario atopábase a coñecida actualmente como Casa da Obra, que Andrés María Solla García denominaba en 1872 “Casa das Novenas”, onde se hospedaban os peregrinos que acudían a honrar a Nosa Señora.

A casa contaba con espazos diferenciados para homes e mulleres e convertíase, durante eses días, nun lugar de acollida e encontro para os devotos.

Hoxe, a Casa da Obra forma parte da historia de Aguasantas. Pero a Novena continúa reunindo cada ano a persoas que veñen de preto e de lonxe.

🙏 Unha tradición que segue viva.

04/09/2026

Sexto día da Novena. Santa Teresa e Nosa Señora de Aguasantas. ❤️

04/09/2026

*𝐀𝐂𝐓𝐔𝐀𝐋𝐈𝐙𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍*: 𝐨 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐨 𝐝𝐢́𝐚 𝟓 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐬𝐞𝐫𝐚́ 𝐍𝐨𝐯𝐞𝐧𝐚 𝟏𝟏:𝟏𝟓𝐡 𝐦𝐢𝐬𝐚 𝟏𝟏:𝟑𝟎𝐡

04/09/2026

🙏 A Novena segue en Aguasantas.

Compartimos con vós máis momentos da procesión de Nosa Señora de Aguasantas, vivida estes días coa mesma fe e devoción de xeración en xeración.

Dirección

Lugar O Igrexario, 167, Aguasantas. Cerdedo Cotobade
Pontevedra
36854

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Santuario de Nuestra Señora de Aguasantas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría