Cofradía del Santo Entierro de Padrón

Cofradía del Santo Entierro de Padrón Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cofradía del Santo Entierro de Padrón, Organización religiosa, Plaza de Manuel Rodríguez Cobián s/n Ático, Padrón.

Nuestro párroco y consiliario, don Roberto Martínez, se estrenó ayer como canónigo de la Catedral de Santiago en la pred...
16/07/2026

Nuestro párroco y consiliario, don Roberto Martínez, se estrenó ayer como canónigo de la Catedral de Santiago en la predicación de la Novena del Apóstol. Hará lo propio en las ceremonias de hoy, jueves, y de mañana, viernes, que tienen lugar a las 19.30 horas en la basílica. Se puede seguir por streaming a través del siguiente enlace:

https://catedraldesantiago.es/retransmision-en-directo-2/

29/06/2026

Este domingo 28 de junio, a partir de las 17 h, el Arzobispo de San...

29/06/2026
A Cofradía do Santo Enterro de Padrón felicita a don Roberto Martínez Díaz polo seu nomeamento como canónigo da Catedral...
01/06/2026

A Cofradía do Santo Enterro de Padrón felicita a don Roberto Martínez Díaz polo seu nomeamento como canónigo da Catedral de Santiago

A Cofradía do Santo Enterro de Padrón quere expresar a súa máis sincera e fonda felicitación ao noso párroco, don Roberto Martínez Díaz, polo seu nomeamento, neste luns 1 de xuño, como canónigo da Santa Apostólica Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela, realizado polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.

Esta é unha nova de grande relevancia para a nosa parroquia e para toda a vila de Padrón. Constitúe unha merecida distinción ao servizo pastoral, á entrega e ao compromiso de don Roberto coa Igrexa e coa nosa comunidade parroquial.

É para nós un motivo de especial orgullo que o noso párroco pase a formar parte do Cabido Catedralicio compostelán e, por tanto, se converta tamén en custodio do sepulcro do Apóstolo Santiago, corazón espiritual de Galicia e destino de millóns de peregrinos de todo o mundo.

Desde a Cofradía do Santo Enterro unímonos ao gozo de toda a comunidade parroquial de Padrón por este importante nomeamento e elevamos as nosas oracións para que o Señor continúe guiando o seu ministerio sacerdotal nesta nova responsabilidade ao servizo da Igrexa de Santiago.

Parabéns, don Roberto, e moitos éxitos nesta nova etapa.

28/03/2026

🔔🔔 ESTA TARDE 🔔🔔

• MISA DE LA COFRADÍA DEL SANTO ENTIERRO: SÁBADO 28 DE MARZO

La MISA PARROQUIAL de las 8 de la tarde se ofrecerá por los miembros y colaboradores, vivos y difuntos, de la COFRADÍA DEL SANTO ENTIERRO. Antes, a las 7.30 de la tarde se entregarán las MEDALLAS DE HONOR DE LA COFRADÍA DEL SANTO ENTIERRO a Josefa Silva Pérez, Manuela Paz Lamas y Maruxa Quintáns Mene.

ENTREGA DA MEDALLA DA VIRXE DAS DORES Á COFRADÍA DO SANTO ENTERRO.Palabras de Antonio Fernández Muñiz, vicecofrade maior...
28/03/2026

ENTREGA DA MEDALLA DA VIRXE DAS DORES Á COFRADÍA DO SANTO ENTERRO.

Palabras de Antonio Fernández Muñiz, vicecofrade maior, en agradecemento.

Queridos irmáns e irmás cofrades,

En nome da Cofradía do Santo Enterro, quero expresar o noso máis sincero agradecemento á Cofradía da Virxe das Dores por esta honra tan especial que hoxe recibimos. Esta medalla non é só un símbolo, senón o reflexo de tantos anos de convivencia, respecto e fraternidade entre as nosas dúas cofradías, que desde hai xa tres décadas camiñan xuntas na Semana Santa de Padrón.

Recibir hoxe a vosa medalla emocióanos fondamente, porque sentimos nela o recoñecemento mutuo dunha historia compartida, de esforzos comúns e dunha fe que nos une e nos impulsa a seguir adiante.

Permitídeme tamén desculpar a ausencia do noso presidente, Francisco Quintá Cortiñas, a quen tanto lle debe a nosa Semana Santa padronesa e a nosa parroquia, polo seu compromiso inquebrantable e a súa xenerosidade constante. O seu espírito está, sen dúbida, presente neste momento tan significativo para todos nós.

Queremos trasladar un agradecemento moi especial a todas as cofrades da Cofradía da Virxe das Dores, pola súa dedicación, o seu agarimo e a súa entrega. Sodes parte esencial desta tradición viva que dá sentido á nosa Semana Santa.

Que este xesto fortaleza aínda máis os lazos que nos unen e nos anime a seguir compartindo camiño durante moitos anos máis.

Moitas grazas.

Fotos: CONCELLO DE PADRÓN

18/03/2026
18/03/2026

Dirección

Plaza De Manuel Rodríguez Cobián S/n Ático
Padrón
15900

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cofradía del Santo Entierro de Padrón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Lugar De Culto

Enviar un mensaje a Cofradía del Santo Entierro de Padrón:

Atajos

Compartir