27/08/2026
💙 Fin de curso do equipo CON-VIVINDO San Pablo
Rematamos un novo curso cheo de encontros, acompañamento e momentos compartidos.
Grazas ao acompañamento semanal, realizado con calidez, respecto e bo trato polas nosas 7 persoas voluntarias, gozamos tamén dun obradoiro mensual de karaoke e bailes, dinamizado polo propio equipo de voluntariado os últimos venres de cada mes. 🎤💃
Este ano incorporamos ademais dúas monitoras para promover un envellecemento saudable, a través dos obradoiros Saúde e Movemento, da Fundación Siel Bleu, e Autocoidado para o Benestar das Persoas Maiores, de Espazo Vivo.
O máis importante de CON-VIVINDO segue estando en cada encontro, sustentado na metodoloxía propia do programa: a escoita atenta, o respecto e a proximidade, acompañando a 21 persoas maiores.
💛 Grazas, querido voluntariado de Cáritas, pola vosa entrega, compromiso e cariño. Sabemos tamén que o acompañamento telefónico foi unha ferramenta fundamental para manter a proximidade e ofrecer apoio emocional nos días nos que non foi posible asistir aos encontros presenciais.
Seguimos construíndo comunidade, combatendo a soidade non desexada e facendo do acompañamento un espazo de encontro e esperanza.