Santuariodofaro

Santuariodofaro O Santuario do Faro do Faro é unha ermida situada no monte do mesmo nome na Parroquia de Santiago de Requeixo-Chantada (Diocese de Lugo).

Polo menos dende a Idade Media (S. XIII) celébrase no alto do Monte Faro (1.177 m.) unha romería adicada á Nosa Señora. Por isi o trovador Johan de Requeixo escribiu:

"Fui eu, madre, en romaria a Faro con meu amigo
e venho d'el namorada por quanto falou comigo,
ca mi jurou que morria
por mi; tal ben me quería!"

A ermida que hoxe podemos ollar é o resultado dunha reedificación completa, obra que

se acometeu na segunda metade do século XVII. Tamén se fixeron reformas no ano 1726 e que se reconstruíu o presbiterio “a cimentis” no primeiro terzo do século XIX. De tódolos xeitos, o edificio quedou inconcluso. Garda a imaxe chamada "A Nai" ou "A Vella" e na igrexa parroquial de Santiago de Requeixo gárdase "A Filla" ou "a Virxe da Octava". Na actualidade hai culto no santuario tódolos domingos dos meses de xullo a setembro. Hai romería o 15 de agosto e o 8 de setembro. Os romeiros suben en moitos casos camiñando e noutros da cabalo ou en coche. Suben a "Costa da Virxe" (algún descalzos e outros de xeonllos) achéganse á ermida da Nosa Señora a participar na Eucaristía e despois diríxense á Fonte da Virxe a beber da súa auga e lava-las mans e a cara. Na rómería do día 8 o ritual é máis fermoso aínda: o día sete ppola mañán ten lugar a Subida da Imaxe ("A Filla") a pé cara o Santuario para xa nas proximidades deste atoparse coa outra imaxe ("A Vella") e xuntar continuar cara o o cume. As dúas imaxes permañecerán no santuario ata o día 9 se setembro pola tarde, día no cal se celebra a "Baixada da Santa". Hai outras dúas fontes. A Fonte de Santa Eufemia ou "dos Rapaces" na que as nais lavan os rapaces e a "Fonte das Ortigas" considerada milagreira para as doenzas da barriga.

18/09/2025
¡Somos 2000 seguidores! Grazas por apoiarnos sempre. Sen vós isto non sería posible. 🙏🤗🎉
10/09/2025

¡Somos 2000 seguidores! Grazas por apoiarnos sempre. Sen vós isto non sería posible. 🙏🤗🎉

09/09/2025

A romería de Nosa Señora do Faro, onte luns 8 de setembro en Chantada.

Foto: Diego Tumbeiro.

09/09/2025

Multitudinaria asistencia a los actos presididos por el obispo de Lugo

09/09/2025
09/09/2025

La más concurrida se celebró en el santuario de O Faro en Chantada

Esta foto, pensamos, é a que mellor resume o Faro Grande 2025. Grazas romeiros!
08/09/2025

Esta foto, pensamos, é a que mellor resume o Faro Grande 2025. Grazas romeiros!

Dirección

Chantada
27513

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Santuariodofaro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir