Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre

Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre Edificio relixioso de estilo barroco. A Igrexa de Santiago de Barallobre, de estilo barroco, foi levantada no século XVII e reformada nos séculos XIX y XX.

A estructura arquitectónica dó edificio é de planta rectangular, con tres naves; nun principio era de cruz latina pero as diferentes ampliacións e reformas lle deron a configuración que ten hoxe en día. Os muros son de carga, e o tellado é de diferentes aguas, según os corpos, con cubrimiento de tella chan, excepto no cuerpo pertencente á sacristía que posee tella curva. Exteriormente, o edificio

posue unha rica volumetría, froito das diferentes reformas e alturas que presentan cada un dos corpos. Construído en pedra, os muros son de mampostería e enlucidos en branco, mentres que o corpo central da fachada e os disnteis de portas e fiestras son de sillería en pedra de granito. Na fachada principal é onde se concentra a meirande decoración, de estilo barroco. Está formada por tres corpos, os dos extremos enlucidos e pintados de branco, mentres que o corpo central, composto por sillares de granito, enmarca a porta principal de acceso a igrexa, sobra a cal está unha pequena hornacina onde se garda a imaxen do Apóstolo Santiago, en granito, colocada no século XX e de estilo neorománico. Destaca a cornisa que rompe o seu centro para dar paso a espadaña e campanario.

A solemnidade de Santo Pedro e Santo Paulo é a conmemoración do martirio en Roma dos apóstolos Simón Pedro e Paulo de Ta...
29/06/2026

A solemnidade de Santo Pedro e Santo Paulo é a conmemoración do martirio en Roma dos apóstolos Simón Pedro e Paulo de Tarso. Celébrase o 29 de xuño.

Hoxe moitas parroquias de Galicia, como na de Barallobre, celebran a Solemnidade de Santo Xoán Bautista.  Nado contra o ...
24/06/2026

Hoxe moitas parroquias de Galicia, como na de Barallobre, celebran a Solemnidade de Santo Xoán Bautista. Nado contra o 5 a.C. e finado contra o 30 d.C., foi quen anunciou a chegada do Mesías prometido (de aí o nome de Xoán o Precursor co que tamén se coñece) e bautizouno no río Xordán.

A vida de Xoán está descrita nos Evanxeos, especialmente no de san Lucas, que detalla os feitos do nacemento, ministerior e morte. Era fillo de Zacarías, un sacerdote, e Sabela, curmá de Xesús e naceu seis meses antes.

Xa de mozo retirouse ó deserto para vivir como anacoreta facendo penitencia e ó redor do ano 27 foi á rexión do Xordán, a onde chegou Xesús de Nazaré para ser bautizado. É neste momento cando insiste en que el non é o Mesías esperado polos xudeus senón que a súa misión só é anunciar e preparar a súa chegada: "Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado" (Lucas 3, 16).

Nas súas prédicas, Xoán denunciou publicamente o comportamento de Herodes Antipas, fillo de Herodes o Grande, por adulterio, pola relación incestuosa que mantiña con Herodías, a súa sobriña, denuncia que provocou que fose detido e levado á cadea de Maqueronte. Outras versións (Flavio Xosefo) xustifican a detención en razóns políticas: Herodes tomou esta decisión por medo a que incitase a unha posible rebelión contra el dos seus numerosos seguidores.

En calquera caso, ó cabo de 10 meses foi decapitado por orde de Herodes. Conta a lenda que Salomé, filla de Herodías, foi que pediu a cabeza de Xoán como recompensa por un baile que fixo para o rei.

Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño ...
13/06/2026

Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño de 1231, relixioso portugués, considerado santo pola Igrexa católica romana, festexado o día 13 de xuño. Foi un dos doutores da Igrexa.

A súa imaxe se venera na Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre.

Corpus Christi 2026.  A Custodia de Barallobre.
07/06/2026

Corpus Christi 2026. A Custodia de Barallobre.

Domingo da Santísima Trindade"Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora.  Cando veña El, o...
31/05/2026

Domingo da Santísima Trindade

"Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora. Cando veña El, o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciaravos o que ha de pasar. El hame glorificar, pois recibirá do meu e interpretarávolo. Todo o que ten o Pai é meu, por iso díxenvos que recibirá do meu e volo interpretará a vós" Xn 16, 12-15

Domigo, 24 de maio de 2026.  "Solemnidade de Pentecosté".Pentecoste (do grego pentekosté (heméra) "o quincuaxésimo día")...
25/05/2026

Domigo, 24 de maio de 2026. "Solemnidade de Pentecosté".

Pentecoste (do grego pentekosté (heméra) "o quincuaxésimo día") describe a festa do quincuaxésimo día logo da Pascua (Domingo de Resurrección) e que pon termo ao tempo pascual.

Dirección

A Pomba S/n
Barallobre
15.580-FENE

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 19:45
Martes 17:00 - 19:45
Miércoles 17:00 - 19:45
Jueves 17:00 - 19:45
Viernes 17:00 - 19:45
Sábado 17:00 - 19:45
Domingo 10:00 - 13:30

Teléfono

981360030

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Igrexa Parroquial de Santiago de Barallobre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir