Parroquia de Xaxán

Parroquia de Xaxán Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Parroquia de Xaxán, Lalín.

⛪🚗 Hoxe celebramos en Xaxán a festividade de San Cristovo, patrón dos condutores.A xornada comezou coa tradicional Misa ...
12/07/2026

⛪🚗 Hoxe celebramos en Xaxán a festividade de San Cristovo, patrón dos condutores.

A xornada comezou coa tradicional Misa Campestre xunto ó Club Social de Xaxán, na que veciños e visitantes compartiron un momento de fe e convivencia.
Ao remate, a imaxe de San Cristovo saíu en procesión por camiños e lugares da desaparecida parroquia de San Cristovo da Pena, hoxe integrada entre Lalín e Xaxán, para regresar de novo ó campo da festa, onde tivo lugar a tradicional bendición de vehículos.

🙏 Unha celebración que cada ano nos reúne arredor dunha tradición moi querida, pedindo a protección de San Cristovo para todas as persoas que percorren as nosas estradas.

Durante a celebración, D. Jesús Ángel pediu pola recuperación de Juan. Ao remate dunha misa noutra parroquia cruzouse co operativo de ambulancias e medios que o atendía e, ao final da eucaristía, recibimos a triste noticia do seu falecemento.

🕊️ Que descanse en paz.

🎶 Queremos agradecer tamén á Banda de Música de Lalín a súa presenza e actuación nesta xornada de celebración e encontro veciñal.

Grazas a todos os que participastes e colaborastes para manter viva esta fermosa tradición. ❤️⛪🚗🎶

San Benito reuniu un ano máis a numerosos fieis e devotos, tanto veciños coma visitantes doutras parroquias, na súa cape...
11/07/2026

San Benito reuniu un ano máis a numerosos fieis e devotos, tanto veciños coma visitantes doutras parroquias, na súa capela de Xaxán.

A misa solemne, a procesión e a música tradicional galega marcaron unha xornada de fe, tradición e convivencia nun lugar moi querido por xeracións de veciños e devotos.

Un agradecemento especial ós sacerdotes que nos acompañaron nesta celebración. Nun momento no que son cada vez menos e teñen que atender numerosas parroquias, o seu esforzo e dedicación fan posible que celebracións como esta sigan vivas.

Grazas tamén á comisión de festas, ós músicos, ás persoas colaboradoras e a todos os asistentes.
E, de maneira especial, grazas a todas as persoas que, coas súas aportacións e colaboración, contribúen a conservar a capela de San Benito, as súas tallas e o seu entorno.

Viva San Benito! Viva Xaxán!

10/07/2026
A parroquia de Xaxán honra a San Benito e San Cristovo.As festas de San Benito e San Cristovo de Xaxán son hoxe noticia ...
10/07/2026

A parroquia de Xaxán honra a San Benito e San Cristovo.

As festas de San Benito e San Cristovo de Xaxán son hoxe noticia en Faro de Vigo e La Voz de Galicia, que recollen o programa e as novidades desta edición.

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2026/07/10/xaxan-celebra-san-cristovo-cohetes-132303687.html?utm_source=copy-url&utm_medium=social&utm_campaign=btn-share

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2026/07/10/xaxan-inicia-fiestas-hoy-torresmada-popular/0003_202607D10C2997.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=0003_202607D10C2997

*🙏 Aviso importante para mañá, sábado 11 de xullo: debido á celebración dun funeral noutra parroquia, queda suspendida a misa das 11:00 h.*

As celebracións relixiosas manteranse igualmente dende as 8:00 da mañá, culminando coa Misa Solemne ás 12:00 h, seguida da procesión.

🎶 Contaremos coa presenza do Grupo de Gaitas Os Xuncos, que nos acompañará dende as 9:30 h ata rematar a procesión, poñendo a banda sonora tradicional a unha xornada moi especial.

🌿 Por mor da seca, do elevado risco de incendios forestais e da situación de alerta amarela no interior da provincia de Pontevedra, este ano non haberá bombas de palenque. No seu lugar, o Grupo de Gaitas Os Xuncos e a música tradicional galega acompañarán os actos festivos e relixiosos da xornada.

🍽️ A tradicional comida da Festa dos Chóferes celebrarase segundo o previsto.

🚗 O domingo celebraremos San Cristovo, coa misa campestre, a procesión de vehículos pola antiga parroquia da Pena e a súa bendición, un dos actos máis singulares e representativos destas celebracións.

🙏 Queremos agradecer especialmente o traballo da Comisión de Festas, a colaboración dos veciños e veciñas e a dedicación do sacerdote, que fan posible que estas celebracións sigan sendo un punto de encontro para toda a parroquia.

Grazas tamén a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, contribúen a manter vivas as tradicións de Xaxán.

🎉 Boas festas de San Benito e San Cristovo!

🙏 AVISO – 9º E ÚLTIMO DÍA DA NOVENA A SAN BENITO 🙏Informamos de que, por cuestións de axenda do sacerdote, o noveno e úl...
09/07/2026

🙏 AVISO – 9º E ÚLTIMO DÍA DA NOVENA A SAN BENITO 🙏

Informamos de que, por cuestións de axenda do sacerdote, o noveno e último día da Novena a San Benito, previsto para mañá, celebrarase ás 13:00 h, en lugar do horario habitual das 21:00 h.

Agradecemos a vosa comprensión e convidamos a todos os devotos e veciños que poidan a acompañarnos nesta derradeira xornada da novena.

San Benito, rogade por nós.

🙏 AVISO – NOVENA A SAN BENITO 🙏Debido á celebración de tres funerais ao longo da tarde, a Novena a San Benito prevista p...
08/07/2026

🙏 AVISO – NOVENA A SAN BENITO 🙏

Debido á celebración de tres funerais ao longo da tarde, a Novena a San Benito prevista para hoxe sufrirá un atraso aproximado de 45 minutos.
⏰ A celebración comezará arredor das 21:45 h.
Agradecemos a vosa comprensión e pedimos desculpas polas molestias.
San Benito, rogade por nós. ✨

🐑🎬 BENITO E AS SÚAS OVELLAS, EMBAIXADORES DE XAXÁNAs noticias publicadas estes días  na Voz de Galicia e Faro de Vigo so...
07/07/2026

🐑🎬 BENITO E AS SÚAS OVELLAS, EMBAIXADORES DE XAXÁN

As noticias publicadas estes días na Voz de Galicia e Faro de Vigo sobre a rodaxe da serie Animal permitíronnos ver unha pequena parte do traballo realizado en Xaxán.

Queremos aproveitar para facer un recoñecemento especial a Benito, que puxo á disposición da produción as súas instalacións, as súas ovellas e moitas horas de traballo e colaboración antes e durante a gravación. As ovellas de Benito son as auténticas protagonistas destas escenas e levarán un anaco de Xaxán ás pantallas de Netflix.

O noso agradecemento tamén para Merchi e Marita, do Fampa, polas súas vacas, que tamén formarán parte das imaxes que veremos na serie.

Esta experiencia permitiu dar a coñecer a nosa parroquia máis alá do noso contorno habitual e contribuíu tamén a dar visibilidade ás nosas festas patronais de San Benito e San Cristovo. Ademais, segundo nos trasladou a produtora, nos créditos da serie figurarán a parroquia de Xaxán e o Concello de Lalín, un bonito recordo desta experiencia para a nosa comunidade.

🍽️ Lembramos tamén que mañá día 8 é o último día para anotarse á tradicional comida Festa dos Chóferes.

Haberá polbo, churrasco mixto, sobremesa e moi bo ambiente, nunha excelente ocasión para compartir mesa e conversa entre veciños, familiares e amigos durante as festas patronais.

📞 Reservas: 613 101 093

Vémonos nas festas da parroquia de Xaxán! 🎉🐑🎬⛪️

Dirección

Lalín

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Parroquia de Xaxán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Lugar De Culto

Enviar un mensaje a Parroquia de Xaxán:

Atajos

Compartir